A Feira da Artesanía de Samos celebrarase o vindeiro 11 de agosto

SarriaXa
As persoas interesadas en mostrar o seu traballo artesán xa poden inscribirse para expoñer os seus produtos
Feira-da-Artesanía-Samos-2
2 Xul 2024

A Asociaciación de Comerciantes e Artesáns de Samos vén de comunicar que xa está aberto o prazo para que as persoas interesadas en amosar o seu traballo poidan inscribirse na Feira de Produtos de Artesanía que se celebrará o vindeiro 11 de agosto no municipio samanense.

Por segundo ano consecutivo, e despois de non celebrarse durante 4 anos, esta Feira cumpre a súa XXIV edición co fin de consolidarse como unha cita que atraia turismo a Samos de toda a comarca de Sarria e da provincia de Lugo.

Ao igual que o ano pasado, ademais dos postos de exposición de artesanía, libros, complementos, obxectos decorativos e produtos gastronómicos locais, haberá tamén obradoiros de cerámica, torno en madeira e cestería.

0.17480397224426