A Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela acollerá diversas actividades o 23
O vindeiro 23 de setembro o Concello de Triacastela celebra a súa XI Feira da Artesanía e Produtos da Zona, que congregará diferentes actividades desde as 11.00 horas da mañá e ata as 21.00 horas da noite, tal e como está recollido no cartel oficial do evento.
Este cartel foi dado a coñecer polo organismo local co fin de achegar o maior número de persoas a Triacastela durante a xornada do vindeiro sábado, poñendo en valor os produtos locais e as xentes que viven no municipio.
Así, todo comezará ás 11.00 horas coa apertura dos postos de artesanía e produtos da zona, seguida da presentación do Centro de Interpretación Ferrería da Ponte. Ademais, a esa mesma hora, haberá unha ruta guiada polo municipio da man de Guido Guía e baixo o nome de 'Triacastela Xacobea' dende a praza do Concello.
Ademais, desde as 11.00 ata as 15.00 horas haberá demostracións de cestería na carpa diante do Concello, e ata ás 19.00 horas demostración polo Ferreiro Fritz na Ferrería da Ponte e, á súa vez, entre as 11.00 e as 19.00 horas haberá un taller de artesanía Amorote na carpa do Concello.
Máis actividades
Por outra banda, ás 12.15 horas terá lugar a sinatura do protocolo de irmandamento entre o Concello de Triacastela e a Freguesía de San Pedro de Rates e ás 12.30 horas terá lugar a apertura da exposición de pintura 'Catro médicos pintores seguimos polo Camiño' na Fonte do Lunar.
O pregón, pola súa parte, terá lugar ás 13.30 horas a cargo de Paulo Sá Machado, asesora para a Cultura da xunta de Freguesía de San Pedro de Rates e, deseguido, chegará a concentración de motos motoclub Os Mouchos.
Para rematar a xornada, das 18.00 ás 21.00 horas haberán varias interpretacións de música cantada mediante 'Cantos de Taberna' organizados polos locais de hostelería de Triacastela, que poñerán o punto final a unha xornada de posta en valor do municipio.