A Feira de Degustación da Tenreira Galega de Láncara acollerá a XIV Festa dos Avós
SarriaXa
A Feira de Degustación da Tenreira Galega de Láncara acollerá a XIV Festa dos Avós ademais do Campionato de Tute
15 Apr 2023
A XXIV edición da Feira de Degustación da Tenreira Galega de Láncara terá lugar os vindeiros 28, 29 e 30 de abril e o 1 de maio.
Esta festa de interese turístico de Galicia terá lugar na Pobra de San Xiao e comazará o 28 cunha degustación gratuíta de Tenreira Galega Suprema.
Xa o 29 de abril celebrarase o Campionato de Tute e Parchís e o día 30 os maiores desfrutarán da súa XIV Festa dos Avós.
Por último, o 1 de maio haberá unha feira de exposición de gando vacún e unha subasta de catro xovencas, mentres que as persoas que asistan poderán degustar de novo a Tenreira Galega Suprema e outros produtos locais.