A Feira de Produtos Artesanais de Samos acollerá unha iniciativa da Furgoteca

SarriaXa
Durante a tarde, as persoas que se acheguen a desfrutar da feira, poderán coñecer aos fotógrafos Sabela Eiriz e Adra Pallón nun encontro
Feira-da-Artesanía-Samos-2
10 Ago 2024

Este domingo, no marco da XXIV Feira de Produtos Artesanais de Samos, terá lugar un encontro con Sabela Eiriz e Adra Pallón organizado pola Furgoteca da Xunta para festexar o Día Mundial da Fotografía.

Por iso, organizan esta iniciativa, para coñecer a dous grandes referentes da fotografía da provincia de Lugo no que haberá un diálogo “moi ameno e interesante” sobre a vida na montaña lucense, o despoboamento, o tempo, a identidade e a memoria.

Esta actividade, á que poderá acudir calquera persoa interesada, terá lugar de 17.00 a 18.00 horas no campo da feira de Samos e preguntar todo o que queiran a estes dous profesionais.

0.16830086708069