A Feira de San Isidro volve por todo o alto a Sarria
Agricultores e gandeiros serán os grandes protagonistas do fin de semana en Sarria co regreso despois de dous anos de ausencia pola pandemia provocado polo Covid-19 da Mostra Agro Gandeira de San Isidro Labrador.
A trixésimo segunda edición desta tradicional cita convertirá o Campo da Feira nun lugar de obrigada visita tanto para os habitantes de Sarria como para os veciños dos arredores. O amplo programa de actos e actividades provocará que multitude de curiosos vaian acercarse á vila durante as dúas xornadas que durará a feria.
EXPOSICIÓN DE MAQUINARIA
O sábado 28 de maio abriranse as portas do recinto feiral a partir das 9.00 horas. No campo da feira os visitantes poderán visitar unha exposición de maquinaria agrícola na que van participar nove empresas: T. Armesto, M. Ramón, AgroLugo, T. Meilán, T. Carballo, Rosber, Corbar, Arias Motor, T. Díaz y Torrón y Ferretería Sarria.
A nave do mercado gandeiro acollerá unha mostra de novillas frisonas, cabalos de pura raza galega e outras especies gandeiras como o porco celta ou a galiña de Mos. No exterior ubicarase una carpa para a venda de diferentes produtos agroalimentarios e artesanais.
Tamén haberá un espacio habilitado para a asociación El Serbal, que ten preparado unha exposición de bonsais, e outro para unha demostración de cerámica da que se vai a encargar Manuel Fernández “Lolo”.
POXA DE GANDO FRISÓN
Para o mediodía queda un dos momentos máis importantes desta XXXII Feira de San Isidro Labrador, a poxa de gando frisón organizada pola Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos, AFRICOR Lugo.
Na subasta vanse poñer á venda novillas coas condiciones sanitarias contrastadas 15 días antes do evento polo Laboratorio de Sanidade e Produción animal de Galicia en Lugo.
Despois dunha reconstituyente comida nas pulperías do recinto feiral, a primeira xornada desta XXXII Mostra Agro Gandeira pecharase as 17.00 horas, momento no que os asistentes poderán coñecer de primeira man e desfrutar cos exercicios de doma de alta escola que realizará a sección de doma de alta escola de Galicia, pertencente á Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Una exhibición incluida dentro das accións conveniadas entre a Asociación, o programa europeo FEADER “Europa Invierte en el Rural”, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
FEIRA DO ANO
A segunda xornada, o domingo día 29, comezará ven cedo, ás 8.00 horas, coa tradicional Feira do Ano para a compra e venda de gando.
DESFILE POLO CAMIÑO
As doce da mañá chegará un dos momentos máis esperados polos asistentes, o desfile de gando polo Camiño de Santiago ao seu paso por Sarria. Así, as reses e os carros realizarán un vistoso recorrido pola Rúa Maior ata o Campo da Feira.
Igualmente chamativas serán sen ningunha dúbida as dúas exhibicións de cetrería que vai realizar Falcóns Galicia, o primeiro pase ás 13.00 horas e o segundo as 18.30.
SORTEO DE "ISIDRA"
Un pouco antes, as 18.00 horas, realizarase o sorteo de “Isidra”, a xuvenca de raza rubia galega de 23 meses e preñada de oito, outro dos atractivos tradicionas da Feira de San Isidro Labrador de Sarria.