A Feira en Triacastela volve os días 28 de cada mes con produtos gastronómicos locais

SarriaXa
A Feira en Triacastela volve os días 28 de cada mes con produtos gastronómicos locais
Feira Triacastela
4 Feb 2023

Volve a Feira en Triacastela que se celebra o día 28 de cada mes para reunir os veciños do municipio nunha xornada caracterizada polo ámbito gastronómico.

Así, os asistentes poderán desfrutar de produtos típicos da contorna de Triacastela, tales como queixo con marmelo, embutidos típicos como os chourizos, a cachucha, o xamón e o lombo; as patacas e a marmelada.

O vindeiro 28 deste mes e todos os 28 de cada mes celebrarase esta xuntanza do pobo ao redor do Campo da Feira de Triacastela.

Feira Triacastela
0.20206499099731