A Festa da Xuventude do Páramo terá lugar o vindeiro 7 de xullo

SarriaXa
A Festa da Xuventude do Páramo terá lugar o vindeiro 7 de xullo e contará con diferentes actividades para todos
Festa Xuventude O Páramo
20 Xuño 2023

O Páramo celebra a súa XIII edición da Festa da Xuventude 2023 o vindeiro sete de xullo a partir das 20.00 horas no campo da feira do municipio.

Así, durante esta festa, amenizada polo DJ Miguel Cendoi, as persoas que se acheguen poderán desfrutar dunha cea na que haberá churrasco por valor de cinco euros ao retirar a tarxeta do bar instalado no recinto da festa.

Ademais de comida, os interesados en desfrutar deste evento, tamén contarán cun toro mecánico e colchonetas para pasalo ben durante a noite, na que tamén actuará a Orquesta Nueva Fuerza.

Festa Xuventude O Páramo
0.10077285766602