A Festa do Cocido do Porco Celta de 2026 xa ten data e celebrará a súa décimo oitava edición en Sarria

SarriaXa
O evento gastronómico reunirase no campo da feira con arredor de 700 asistentes e contará co exxogador Fernando Romay como pregoeiro
Festa-do-Cocido-Porco-Celta-Sarria
1 Dec 2025

Xa hai data para a Festa do Cocido do Porco Celta de 2026, que celebrará dezaoito anos como unha das citas gastronómicas máis importantes de Sarria. A convocatoria está impulsada polo Concello en colaboración cun grupo de hostaleiros, coa participación da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e Asoporcel.

O encontro terá lugar no campo da feira e reunirá arredor de 700 persoas distribuídas en 55 mesas con capacidade para 13 comensais cada unha. A edición deste ano contará como pregoeiro con Fernando Romay, exxogador de baloncesto, quen asumirá o relevo da catedrática de Pediatría da USC e presidenta da Fundación Española da Nutrición, Rosaura Leis.

A xornada completarase con actuacións musicais, a entrega de recoñecementos e outras actividades que se están pechando nestes días, sen descartar a presenza de postos de venda no recinto con produtos do porco e outros alimentos artesanais tradicionais da zona.

⚙ Configurar cookies
0.07113790512085