A Festa do Cocido Porco Celta da comarca de Sarria que ía celebrarse en marzo cancélase
SarriaXa
A XV edición da Festa do Cocido Porco Celta terá lugar na comarca de Sarria do 18 ao 21 de febreiro en establecementos asociados
15 Feb 2024
A Festa do Cocido do Porco Celta da comarca de Sarria, que se ía celebrar os días 2 e 3 de marzo, cancélase por parte da Asociación de Hostaleiros e o Concello de Sarria, que decidiron facer un cocido multitudinario en 2025.
Esta decisión foi tomada despois de varias reunións, nas que se decidiu que era mellor recuperar a actividade que se facía antes de pandemia, xuntando a máis de 700 persoas no campo da feira, en vez de facelo como se fai desde 2021, nos propios locais de hostalería.
Así, din que organizarase mellor e con tempo para poder implicarse o máximo posible e celebrar unha gran festa, “collendo impulso e retomando no 2025 para facelo brillar de novo en todo o seu esplendor”, defendeu a concelleira de Festas, Geni Valcárcel.