A Festa do Rosario de Sarria celebrarase este sábado 12 de outubro
O vindeiro 12 de outubro celébrase a Festa do Rosario, que conta co apoio do Concello de Sarria, da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.
Desta maneira, a festa comezará coa misa solemne ás 12.00 horas coa participación do Coro Sarricanta e, despois, terá lugar a procesión e sesión vermú da man da Banda de Música de Sarria.
Logo, será o momento da comida popular e, pola tarde, haberá sorteos e actividades infantís. Finalmente, o día rematará coa festa a cargo da banda Louband a partir das 20.00 horas e despois será a quenda de Dj Marcos OM.
O párroco da Igrexa, Carlos, sostén que teñen "moitas ganas" de celebrar a terceira edición desta festa, na que "celebramos a Virxe do Rosario e cremos e vivimos xuntos todos os aspectos da vida”, e comenta que “contamos con reunir moitas persoas na comida popular da festa”, sostén o párroco.
Outro dos organizadores das festas, Carlos Vilariño, sostén que “temos moitas ganas de que se celebre a festa porque é un día moi bonito e, aínda que a organización é complexa, a festa é preciosa".