A Festa dos Avós de Samos reúne centos de persoas nunha xornada chea de alegría, baile e emoción

A tradicional Festa dos Avós de Samos volveu encher de vida e emoción a zona cuberta do campo da festa, reunindo a centos de persoas para celebrar unha xornada inesquecible dedicada aos maiores da comunidade.
Veciños e veciñas de todas as idades foron chegando ao recinto para acompañar aos seus avós e avoas nun día moi especial. A música, as risas e o espírito de convivencia marcaron unha celebración que contou con animación, comida popular, actuacións musicais en directo e baile.
"Que ben o pasamos o sábado na Festa dos Maiores", comentaban moitos dos asistentes con entusiasmo. A xornada estivo chea de momentos entrañables, onde o cariño, o recoñecemento e a gratitude cara ás xeracións maiores foron os protagonistas.
Desde a organización, agradecen a todos e todas por acudir e facer posible este día tan especial: "Grazas a todos e todas por compartir connosco esta festa. Foi un día cheo de risas, bos momentos e moito baile".