A Festa dos Nenos de Láncara acollerá esta tarde xogos, inchables, pintacaras e escuma

SarriaXa
A Festa dos Nenos de Láncara acollerá esta tarde xogos, inchables, pintacaras e escuma na área recreativa de Láncara
Festa dos Nenos Láncara 2
23 Xuño 2023

A Asociación Cultural Val de Láncara organiza, xunto co Concello de Láncara, a Festa dos Nenos esta tarde a partir das 17.00 horas na área recreativa Manuel Fernández Arrojo.

Durante a tarde, os nenos que queiran poderán desfrutar dunha tarde chea de xogos, inchables, pintacaras e moita escuma, para o que deberán levar roupa cómoda e que se poida ensuciar.

Esta actividade está pensada para que os nenos e nenas de Láncara despidan o curso lectivo, xa que a partir de hoxe marchan de vacacións ata setembro e, algunhas familias marchan tamén do municipio.

Festa dos nenos Láncara
0.078450918197632