A foodtruck ‘Galicia Sabe Amar’ chegará a Triacastela este venres

A Consellería do Mar achegará ao CEIP Eduardo Cela Vila o venres 30 de maio unha degustación de peixes e outros produtos das rías galegas a través da foodtruck ‘Galicia Sabe Amar’.
Esta iniciativa forma parte da campaña promovida pola Xunta de Galicia que busca poñer en valor a calidade e a variedade dos produtos do mar galegos, así como fomentar o seu consumo entre a poboación máis nova.
Grazas a ‘Galicia Sabe Amar’, o alumnado poderá gozar dunha experiencia gastronómica única que combina educación, tradición e sustentabilidade, achegándolles o sabor auténtico das rías galegas e sensibilizándoos sobre a importancia de preservar estes recursos naturais.