A FRUGA insta ao Ministerio a mudar a obrigatoriedade da identificación electrónica dos bovinos
O Real Decreto RD 787/2023 de trazabilidade, identificación e rexistro de determinadas especies animais, no seu artigo 5 estabelece os medios de identificación dos bovino, e o anexo II.3 determina que todos os bovinos nacidos a partir do 30 de xuño de 2024 terán de ser identificados mediante un crotal convencional na orella dereita e un crotal electrónico na esquerda.
Como consecuencia das mobilizacións levadas a cabo polos sectores agropecuarios, no primeiro trimestre deste ano, o Ministerio español de agricultura a finais do mes de marzo presentou un documento de 43 medidas coa intención de dar respostas ás reivindicacións dos sectores.
Entre as medidas propostas estaba a prorroga da obrigatoriedade de identificación electrónica dos bovino, obrigatoriedade que se comenzará a aplicar a partir do 30 de xuño de 2025. Esta medida traduciu-se no proxecto de modificación do RD 787/2023.
Desde a Federación Rural Galega - FRUGA consideran que a posta en marcha do sistema de identificación mediante crotais electrónicos non se debe levar adiante baixo ningún concepto de forma obrigatoria, xa que a normativa europea non os fai obrigatorios.
A propia Unión Europea, a través dun informe, considera que a aplicación do sistema de identificación electrónica pode ter efectos económicos adversos para algúns operadores, polo que se debe facer de forma voluntaria, e non aplicarse obrigatoriamente a partir do 30 de Xuño do ano 2025. Loxicamente os operadores para os que pode ter efectos adversos non somos nen mais nen menos que nós, as persoas titulares das explotacións, e a quen mais lle pode interesar este sistema son aos matadoiros e salas de despece.
Este novo sistema de identificación, leva implícito un aumento dos custos que volveran a recaer nas propias explotacións gandeiras galegas, sin obter ningún tipo de beneficio, algo do que xa advirte o Informe da Comisión ao Parlamento Europeo e ao Consello sobre a sua viabilidade técnica e económica. Recentemente o goberno español optou por pór en marcha de forma voluntaria a implantación do veterinario de explotación, polo que a FRUGA insta ao Ministerio que actúe de igual xeito con a obrigatoriedade da identificación dos bovinos mediante os crotais electrónicos, permitindo que este sistema de identificación sexa voluntario.
Desde a FRUGA fan un chamamento á señora conselleira do medio rural para que faga todas as xestións que estean ao seu alcance perante o Ministerio para conseguir que mude as súas intención de facer obrigatorio este sistema de identificación dos bovino e opte por mudar o RD 787/2023 para que o sistema de identificación mediante os crotais electrónicos teña carácter voluntario.