A Fundación Legar realizou un percorrido pola Música de Raíz no colexio de Triacastela
O Ceip Eduardo Cela Vila de Triacastela acolleu a visita da Fundación Legar, durante a cal Xabier e Martina realizaron un percorrido pola Música de Raíz, lembrando as cantigas e empregando os instrumentos musicais dos nosos antecesores.
Durante esta actividade, os nenos puideron coñecer máis sobre a música étnica, folk e de patrimonio grazas a esta entidade formada para difundir, promover e preservar a música de raíz.
A Fundación Legar promove este tipo de actividades conta cun amplo número de actividades dirixidas ao publico en xeral e quere crear un centro de interpretación para investigar, conservar, divulgar e poñer en valor o legado cultural e patrimonial de raíz.
Xavier Blanco, un dos promotores desta Fundación leva máis de 30 anos percorrendo vilas e parroquias de Galicia gravando e catalogando documentación relacionada coa cultura tradicional.