A furgoneta de Galicia Sabe Amar estará en Sarria durante a xornada
SarriaXa
Por segunda vez, este evento estará na Rúa da Liberdade, á altura da rúa Marquesa Casa López
11 Out 2024
A Furgoneta foodtruck Galicia Sabe Amar, que achega en cada parada 10 petiscos do mar realizados a base de produtos certificados do mar e da terra, regresa a Sarria.
Por segunda vez, este evento estará na Rúa da Liberdade, á altura da rúa Marquesa Casa López, desde as 12.00 ás 15.00 horas e de 18.00 a 15.00 horas.
Desta maneira, todos os veciños e veciñas e viandantes que queiran achegarse a probar algún destes pratos poderán facelo de maneira gratuíta, como "unha oportunidade única para que veciños e visitantes gocen dunha experiencia gastronómica".