A furgoteca achega a lectura aos máis cativos a Samos os días 13 e 27 de decembro

SarriaXa
O servizo da furgoteca, a biblioteca móbil de Galicia, volve achegarse ao Concello de Samos.
Furgoteca 2
1 Dec 2023

O servizo da furgoteca, a biblioteca móbil de Galicia, volve achegarse ao Concello de Samos. O vindeiro mércores 13 a furgoteca regresa a Samos para achegar a literatura aos máis pequenos. A biblioteca estará no Concello de 12.40 a 15.40 horas.

O día 27 volve achegarse á vila para realizar un percorrido polos núcleos e aldeas e ofrecer un servizo personalizado porta a porta. De 11.00 a 12.00 horas estará en Samos; de 12.10 a 12.30, en San Martiño do Real; de 12.40 a 13.10, en Renche e de 13.30 a 14.00 horas, en San Cristovo de Lóuzara. As últimas dúas paradas serán no Vao, no restaurante A Pontenova, de 14.20 a 14.40 horas e en Castrocán de 14.50 a 15.30 horas.

O servizo de bibliotecas móbiles da Xunta de Galicia continuará ata final de ano percorrendo o rural das provincias de Lugo e Ourense. Organízase de tal xeito que un dos días A furgoteca asentarase nos lugares de maior afluencia de público, onde se celebran feiras e mercados e hai centros de saúde, residencias, pavillóns de deportes ou centros socioculturais.

A iniciativa mantense en funcionamento nos concellos lucenses de Baleira, Cervantes, Folgoso do Courel, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela.

furgoteca_samos
0.097079038619995