A Furgoteca achega unha aventura científico-literaria ao CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela

A Furgoteca estará o vindeiro 28 de novembro no CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela para ofrecer unha proposta lúdica e educativa baseada na ciencia e na literatura.
A actividade, dirixida tanto ao alumnado como á veciñanza, permitirá vivir unha divertida aventura científico-literaria con experimentos sorprendentes.
A partir das 11:00 horas, todas e todos están convidados a participar nesta iniciativa organizada polas Bibliotecas Móbiles de Galicia, que busca fomentar o interese pola lectura e pola experimentación entre o público máis novo.