A Furgoteca celebra o seu 2º aniversario con ‘Ecoralia, a lambona ecolóxica’ en Triacastela

Como parte das actividades organizadas polo servizo de bibliotecas móbiles de Galicia, a Furgoteca celebrará o seu 2º aniversario co evento ‘Ecoralia, a lambona ecolóxica’, que terá lugar o vindeiro 13 de febreiro no CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela.
Esta actividade, aberta a todo o público, terá lugar de 11.45 a 13.45 horas no centro educativo, e contará coa participación de Pakola, quen traerá á montaña lucense o seu proxecto musical.
Durante a sesión, os nenos e nenas poderán bailar e disfrutar de músicas e xogos mentres aprenden sobre a importancia do coidado do medio ambiente.
A actividade está dirixida tanto a estudantes do CEIP Eduardo Cela Vila como a calquera persoa que queira sumarse á celebración deste aniversario tan especial.
Este evento, que combina música e conciencia ecolóxica, promete ser unha xornada divertida e educativa para os pequenos, e tamén para as súas familias.