A Furgoteca celebrará o Día da Música da man de Paolo De Gregorio no Incio

SarriaXa
Nesta ocasión, a actividade contará coa presenza de Paolo De Gregorio, músico, luthier e divulgador apaixonado do caixón
A-Furgoteca-O-Incio
21 Nov 2025

O próximo sábado 22 de novembro de 2025, A Furgoteca fará unha parada especial no Centro Sociocultural do Incio para celebrar o Día da Música cunha proposta divulgativa e participativa aberta a toda a cidadanía.

Nesta ocasión, a actividade contará coa presenza de Paolo De Gregorio, músico, luthier e divulgador apaixonado do caixón, un instrumento de percusión convertido nas últimas décadas nun elemento fundamental en múltiples estilos musicais. Durante a sesión, De Gregorio achegará ao público a historia e evolución deste instrumento, explicando como se constrúe, como se interpreta e cal é o seu papel en diferentes tradicións musicais.

A actividade non se limitará á explicación teórica: o músico ofrecerá tamén unha demostración práctica, amosando distintas técnicas para tocar o caixón e permitindo ás persoas asistentes achegarse ao instrumento dun xeito directo. Ademais, quen se anime poderá aprender algúns pasos básicos de forró brasileiro, un xénero cheo de ritmo e movemento no que o caixón tamén ten presenza.

A sesión desenvolverase de 13:00 a 14:30 horas e está aberta a todos os públicos, sen necesidade de inscrición previa.

⚙ Configurar cookies
0.065307140350342