A Furgoteca chega a O Incio este mes de setembro

O concello de O Incio volverá contar en setembro co servizo da Furgoteca, a biblioteca móbil impulsada pola Xunta de Galicia. Trátase dun proxecto que leva libros, xogos, música, cine e cómics ata os distintos núcleos rurais, facilitando o acceso á cultura e á lectura.
O primeiro percorrido terá lugar o 11 de setembro, dentro da Ruta 2. A furgoteca visitará a Casa Niño Cabianca en Eirexalba (11:10 a 11:50 h.), Laiosa 1: O Polvoreiro (12:00 a 12:30 h.), Laiosa 2: O Sió (12:45 a 13:00 h.), o centro sociocultural de A Cervela (13:20 a 14:20 h.) e Santo Eufrasio, no Val do Mao (14:45 a 15:30 h.).
A segunda cita será o 22 de setembro, dentro da Ruta 1. Nesa ocasión, a biblioteca móbil chegará á Casa Niño de Rebixes (11:00 a 11:30 h.), ao CEIP Ricardo Gasset (11:40 a 12:40 h.) e á propia capital municipal, O Incio (Concello), onde permanecerá de 12:50 a 15:10 h.
Este servizo itinerante supón unha oportunidade para achegar a lectura a toda a veciñanza, especialmente en zonas onde non hai biblioteca física, reforzando así a igualdade de acceso á cultura.