A Furgoteca chega a Samos en setembro con dúas rutas de servizo bibliotecario móbil

SarriaXa
O proxecto da Xunta de Galicia ofrecerá paradas o 19 e o 30 de setembro en diferentes parroquias e centros educativos do municipio
A Furgoteca
6 Sep 2025

A Furgoteca, o servizo de bibliotecas móbiles da Xunta de Galicia, estará no concello de Samos durante o mes de setembro con dúas rutas programadas.

O primeiro percorrido será o 19 de setembro, correspondente á Ruta 2. A xornada comezará ás 10:50 horas na Capela de San Román de Lousada, continuará ás 11:10 horas na Igrexa de San Martiño de Lousada e ás 11:40 horas en Samos, na Avenida Compostela. Pola tarde, ás 13:00 horas farase parada en San Cristovo de Lóuzara, ás 13:40 horas en San Martiño do Real, ás 14:05 horas en Lusío, ás 14:30 horas en Renche e rematará ás 15:00 horas en Castroncán.

A segunda xornada terá lugar o 30 de setembro, na Ruta 1. A Furgoteca visitará ás 11:00 horas a Casa Niño Faragulla, ás 11:40 horas o CEIP de Samos e, finalmente, ás 13:05 horas Samos, de novo na Avenida Compostela, ata as 15:30 horas.

Este servizo achega a lectura, xogos, música e cinema á veciñanza, promovendo o acceso á cultura nas zonas rurais.

⚙ Configurar cookies
0.087223052978516