A Furgoteca chega a Triacastela co 'Libro de experimentos abracadabrantes' de Hugo Comas
SarriaXa
O alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila gozará dunha actividade científica e literaria aberta a todo o público

14 Nov 2025
A Furgoteca, o servizo de bibliotecas móbiles de Galicia, fará unha parada especial en Triacastela o 28 de novembro para ofrecer unha divertida proposta: o Libro de experimentos abracadabrantes de Hugo Comas.
A actividade, que combina ciencia e literatura, celebrarase no CEIP Eduardo Cela Vila entre as 11:00 e as 13:00 horas, e promete unha mañá chea de descubrimentos e sorpresas.
O evento está aberto a todo o público, converténdose nunha oportunidade para gozar en familia da lectura e da experimentación.