A Furgoteca leva cultura sobre rodas a O Incio durante abril

A Furgoteca, o servizo de bibliotecas móbiles da Xunta de Galicia, visitará o Concello do Incio ao longo do mes de abril con dúas rutas cheas de actividades culturais e educativas.
Esta iniciativa achega libros, xogos, música, cómic e contacontos a distintas localidades, contribuíndo á dinamización sociocultural do rural.
A primeira visita será o xoves 11 de abril, cando a Furgoteca percorra diversos puntos do municipio dentro da Ruta 2. A xornada comezará ás 11:10 horas na Casa Niño Cabianca, situada en Eirexalba, onde permanecerá ata as 11:50 horas. A continuación, dirixirase á zona de Laiosa 1: O Polvoreiro (de 12:00 a 12:20 horas) e despois a Laiosa 2: O Sió, de 12:25 a 12:40 horas. Pola tarde, continuará o percorrido na Casa do Maior de Ferreiro, en Penaxubeira, de 13:00 a 13:50 horas. Logo fará parada no Centro Sociocultural da Cervela de 14:00 a 14:30 horas, rematando o día en Santo Eufrasio (Val do Mao) entre as 15:00 e as 15:30 horas.
A segunda ruta está programada para o luns 22 de abril e desenvolverase como Ruta 1. A primeira parada será ás 12:30 horas na Casa Niño Bule Bule e Casa do Maior Anduriñas da Terra Brava, ata as 12:55 horas. Máis tarde, a Furgoteca visitará o CEIP Ricardo Gasset entre as 13:05 e as 13:55 horas. Xa pola tarde, estará no centro do municipio, con dúas quendas diante do Concello de O Incio, de 14:00 a 14:30 horas e de 16:30 a 18:00 horas.
Con esta programación, a Furgoteca continúa a súa labor de levar a lectura e a cultura aos recunchos máis pequenos da provincia, apostando por un acceso igualitario ao lecer educativo e ao coñecemento.