A Furgoteca organizou un encontro no Incio sobre 'Mover a memoria'

A Furgoteca organizou un encontro no Incio no que participou o artista multidisciplinar Óscar Górriz, que recentemente publicou o libro 'Bóveda a memoria no lugar'.
No encontro participaron os usuarios e usuarias das dúas Casas do Maior do Concello de Bóveda, as usuarias da Casa do Maior de Penaxubeira, no Incio, o panadeiro do Incio e algúns veciños e veciñas.
Houbo tempo para compartir historias, anécdotas e ata para bailar, sendo unha xornada interesante para mover a memoria e salvagardala do paso do tempo.
A partir desta publicación e coa colaboración da Casa da Memoria xorde unha recollida de testemuñas co obxectivo de mover a memoria para atopar esas historias que están aínda por contar.
A seguinte reunión vai ser o día 28 de abril en Triacastela.