A Furgoteca percorrerá as diferentes parroquias de Samos e Triacastela no mes de maio

SarriaXa
O servizo de Bibliotecas de Galicia, a Furgoteca, volverá percorrer diferentes concellos da comarca de Sarria este mes de maio, en concreto en dúas datas nos municipios de Samos e de Triacastela.
Cuentitis A Furgoteca Triacastela 2
2 Maio 2024

O servizo de Bibliotecas de Galicia, a Furgoteca, volverá percorrer diferentes concellos da comarca de Sarria este mes de maio, en concreto en dúas datas nos municipios de Samos e de Triacastela.

Así, en Samos estará o vindeiro venres 3, desde as 11.00 horas na capitalidade de Samos, logo irá ata San Martiño do Real, logo ata Lusío, logo ata Renche, logo ata San Cristovo de Lóuzata, logo irá ata O Vao e rematará en Castroncán, ás 15.10 horas.

Por outra banda, estará o vindeiro 21 de maio na Casa niño Faragulla, no Ceip de Samos e finalmente na residencia de maiores de Samos.

Con respecto a Triacastela, o primeiro día será o 16 de maio, que percorrerá as diferentes parroquias: Toldaos, Santalla de Alfoz, Triacastela, Fompernal, Cancelo, Folgueiras, Biduedo. Mentres, o día 28 estará na Casa niño Entrepeques, no Ceip Eduardo Cela Vila e na praza do Concello.

0.066941022872925