A Furgoteca percorrerá as parroquias de Triacastela ao longo de novembro

SarriaXa
O servizo de bibliotecas móbiles da Xunta achegará libros e actividades culturais a distintos puntos do municipio os días 14 e 28
Furgoteca-Triacastela-2025
5 Nov 2025

A Furgoteca, o servizo de bibliotecas móbiles de Galicia impulsado pola Xunta, visitará distintas parroquias de Triacastela ao longo do mes de novembro cunha programación que pretende fomentar a lectura e achegar materiais culturais á veciñanza do rural.

A primeira xornada terá lugar o 14 de novembro, con paradas previstas en Triacastela, Casa Niño Cabaciña, Toldao (San Salvador), Santalla de Alfoz, Lagares, Cancelos, O Castiñeiro, O Teixo e Biduedo, con horarios que se desenvolverán desde as 11:00 ata as 15:15 horas.

A segunda visita será o 28 de novembro, con paradas na Casa Niño Entrepeques, no CEIP Eduardo Cela Vila e de novo na capital municipal, en Triacastela, onde permanecerá ata media tarde.

A iniciativa ofrece acceso a servizos bibliotecarios, así como propostas de ocio e divulgación cultural especialmente pensadas para todas as idades, contribuíndo á dinamización cultural das parroquias e ao acceso igualitario á lectura no territorio.

⚙ Configurar cookies
0.065835952758789