A Furgoteca visitará Triacastela este venres 14 de marzo

SarriaXa
A ruta comezará ás 11:00 horas na Casa Niño Vivarachos e continuará ás 11:40 horas en Toldados
A-Furgoteca-Triacastela
11 Mar 2025

A Furgoteca, o servizo de bibliotecas móbiles da Xunta de Galicia, visitará o Concello de Triacastela o vindeiro venres 14 de marzo, ofrecendo actividades culturais e material bibliográfico para todas as idades. Esta iniciativa, que busca achegar a lectura e a cultura aos núcleos rurais, contará cun completo itinerario por diferentes localizacións ao longo da xornada.

A ruta comezará ás 11:00 horas na Casa Niño Vivarachos e continuará ás 11:40 horas en Toldados (San Salvador), ás 12:10 horas en Santalla de Alfoz 1, ás 12:35 horas en Santalla de Alfoz 2, ás 12:50 horas en Fompernal, ás 13:15 horas en Cancelo 1 e ás 13:35 horas en Cancelo 2.

Xa pola tarde, a Furgoteca estará ás 13:50 horas na Casa do Maior de Prado (Folgueiras), ás 14:30 horas na Lagúa (Lamas de Biduedo), ás 14:45 horas en O Castiñeiro, ás 15:00 horas en O Teixo e finalizará a súa ruta ás 15:20 horas en Biduedo.

A Furgoteca ofrece acceso a libros, contos, cómics, xogos, música, cinema e outros recursos educativos e de lecer, fomentando a lectura e a participación cultural en contornas rurais. A iniciativa está dirixida a persoas de todas as idades, promovendo o acceso igualitario á cultura en toda Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.50835704803467