A Furgoteca volve ao Concello de Samos o vindeiro 30 de marzo

SarriaXa
A Furgoteca volve ao Concello de Samos o vindeiro 30 de marzo
afurgoteca cartel lugo portada
28 Mar 2023

O vindeiro 30 de marzo a Furgoteca da Xunta volve estar en Samos desde as 13.00 horas e as 15.00 horas.

Estas bibliotecas ofrecen servizos tales como tramitar un carné de usuario ou coller en préstamo un libro ou unha revista ou acceder a internet.

Así, a colección inicial nace con 500 exemplares de libros, pero tamén películas, música ou xogos físicos e dixitais e tamén publicacións periódicias como revistas e xornais.

Esta colección poderá ir medrando polas bibliotecas centrais territoriais de referencia en cada caso a través do préstamo entre bibliotecas.

As bibliotecas móbiles dispoñen, ademais, de persoal de atención cun perfil técnico especialista en ocio educativo e animación sociocultural. Esta iniciativa vén acompañada dunha intensa actividade cultural.

0.20082688331604