A Furgoteca volverá a percorrer o municipio de Triacastela este martes

SarriaXa
A Furgoteca volverá a percorrer o municipio de Triacastela este martes
afurgoteca cartel lugo portada
10 Abr 2023

Mañá, 11 de abril, volverá a estar a Furgoteca no Concello de Triacastela para achegar aos máis pequenos e tamén a maiores a posibilidade de ler libros e desfrutar de servizo dixital.

Así, este servizo de Xunta percorrerá o municipio desde as 11.00 horas, pasando polo centro de Triacastrla, despois por Cancelo, despois por Toldaos, despois por Santalla de Alfoz e por último irá ata Lamas do Viduedo, polo que se quedará ata as 16.00 horas.

Estas bibliotecas teñen servizos como tramitar un carné de usuario ou coller en préstamo un libro ou unha revista ou acceder a internet. ofrecendo distintos tipos de servizo para atender do xeito máis completo as necesidades da cidadanía. Así, a colección inicial nace con 500 exemplares de libros, pero tamén películas, música ou xogos físicos e dixitais e tamén publicacións periódicias como revistas e xornais. Esta colección poderá ir medrando polas bibliotecas centrais territoriais de referencia en cada caso a través do préstamo entre bibliotecas.

Na furgoteca tamén se poden facer os trámites de expedición de carnés de usuario, préstamo e devolución, formación nos sistemas de préstamos dixitais, así como distintas actividades de formación. Teñen conexión a internet, equipos informáticos portátiles e impresora tanto para a persoa encargada da prestación do servizo como para o uso dos usuarios.

As bibliotecas móbiles dispoñen, ademais, de persoal de atención cun perfil técnico especialista en ocio educativo e animación sociocultural. Esta iniciativa ven acompañada dunha intensa actividade cultural.

0.17613410949707