A Furgoteca volverá a Triacastela en agosto con dúas xornadas de actividades culturais

A Furgoteca, o servizo de bibliotecas móbiles da Xunta de Galicia, volverá ao concello de Triacastela durante o mes de agosto cunha nova programación orientada a achegar a cultura e a lectura ao rural.
As visitas están previstas para os días 13 e 28, cun itinerario que inclúe paradas en diferentes parroquias e centros da localidade.
Na primeira xornada, o martes 13 de agosto, o vehículo cultural percorrerá once localizacións distintas dentro da Ruta 2, comezando ás 11:00 horas no Concello de Triacastela e facendo paradas sucesivas en Casa Niño Cabaçiña, Toldaos (San Salvador), Santalla de Alfoz 1 e 2, Cancelo 1 e 2, O Castiñeiro, O Teixo e rematando en Biduedo ás 15:15 horas.
A segunda visita terá lugar o mércores 28 de agosto, dentro da Ruta 1, cunha primeira parada na Casa Niño Entrequeces de 11:00 a 11:30 horas, e unha estadía máis longa no Concello de Triacastela, de 11:40 a 15:30 horas.
A furgoteca ofrece servizos de préstamo de libros, cómics, música, cinema e outras actividades culturais dirixidas tanto á infancia como ao público adulto. Dende a organización animan á veciñanza a participar e lembran que o servizo é gratuíto e aberto a toda a cidadanía.