A Furgoteca volverá percorrer o municipio de Samos en dúas ocasións durante xullo

SarriaXa
Estará o día 14 no Campo da Feira protagonizando unha Festa Contacontos
Furgoteca Portada
1 Xul 2024

Samos acolle, unha vez máis, a visita da Furgoteca, o servizo de Bibliotecas Móbiles de Galicia, que percorrerá o municipio en dúas datas durante o mes de xullo.

Así, o vindeiro 14 de xullo estará no Campo da Feira de Samos de 16.00 a 16.50 horas, protagonizará a Festa Contacontos do Campo da Feira de 17.00 a 17.50 horas e logo volverá estar no Campo da Feira de 18.00 a 20.00 horas.

Pola súa parte, o día 30 de xullo fará un percorrido de mañá: ás 11.00 horas estará en Samos, logo ás 12.40 horas estará en San Martiño do Real; de 13.05 a 13.20 horas estará en Lusío, logo en Renche ás 13.30 horas, ás 14.10 horas en San Cristovo de Lóuzara, ás 14.45 horas no Vao (Restaurante A Pontenova) e finalmente ás 15.10 horas rematará en Castroncán.

0.17325878143311