A gañadora do Lotón percorreu os comercios sarriaos para gastar o premio
Ana López López foi a agraciada que o día 4 de xaneiro gañou o sorteo do Lotón. A pé de rúa, unha man inocente sacou o ticket gañador que foi mercado en Juguetería y Puericultura 1,2,3 escondite inglés.
A gañadora, estivo durante a tarde de onte percorrendo os comercios asociados para realizar as súas compras. Estas, debían levarse a cabo antes do día 6 de xaneiro. En 48 horas, Ana decidiu aproveitar para mercar uns auriculares, unha almofada, bonos regalos, calzado, entre outras moitas cousas.
LOTÓN
O lotón é unha iniciativa da Asociación de Comerciantes en colaboración co Concello que se encarga de promover e incentivar as compras nos comercios locais nestas datas tan sinaladas.
Entre as persoas que realizaron as súas compras nas dúas últimas semanas de decembro sorteárones 1000 euros para gastar nos negocios de proximidade da vila. Con esta iniciativa búscase premiar a fidelidade e afianzar as compras nos establecementos asociados