A Gran Gala de Maxia do Nadal de Roberto Lolo en Sarria foi todo un éxito
A actuación de Roberto Lolo na Gran Gala de Maxia do Nadal de Sarria encheu o salón de actos da Casa da Cultura con centos de persoas que quixeron desfrutar dun espectáculo único.
Así, o mago Roberto Lolo dixo estar "emocionado pola tarde de hoxe, na miña casa, cun salón de actos ata arriba de sorrisos con peques e adultos felices, e eu emocionado por tanto agarimo da miña xente".
Por outra parte, explicou que o sente polas persoas que non puideron entrar ao espectáculo por aforo completo, pero sostén que "nos veremos en próximas aventuras".
Ademais, quixo agradecer a César No polo seu traballo e apoio, a Claudio Garrido por estar tamén no Show, e a Parky Pijita "por contribuír facendo todos os regalitos para os máis peques e estar sempre aí".