A Hostalería da comarca de Sarria celebra por 24ª vez unha cea para todo o sector

SarriaXa
A Asociación de Hostalería de Sarria organiza para esta noite unha cea para todo o sector de hostalería da comarca de Sarria, xa que acudirán a este evento persoas da propia vila, pero tamén de Paradela, Samos, Triacastela, Láncara, O Páramo e O Incio.
Asociación Hostelería de Sarria
19 Feb 2024

A Asociación de Hostalería de Sarria organiza para esta noite unha cea para todo o sector de hostalería da comarca de Sarria, xa que acudirán a este evento persoas da propia vila, pero tamén de Paradela, Samos, Triacastela, Láncara, O Páramo e O Incio.

Esta iniciativa, que cumpre este ano a súa 24ª edición, consiste nunha cea que terá lugar a partir das 21.00 horas nun recoñecido establecemento de Sarria ao que acudirán proveedores e hostaleiros da comarca.

"Contamos que acudan a este evento máis de 300 persoas relacionadas co sector da hostalería para compartir un momento de comunidade entre hostaleiros, que sempre celebramos o primeiro luns despois do Entroido", explica Nicolás, do Bar Cubano, un dos organizadores da celebración, xunto con Héctor, do Meigallo; con Adrián, do Don Pepe, e Vitito, do Roma.

0.1676139831543