A I Festa do Polbo de Vilaragunte, en Paradela, xa ten todo preparado

Este xoves, 2 de abril, terá lugar a primeira edición da Festa do Polbo da Asociación de Veciños de Vilaragunte, en Paradela, no polígono industrial do Gandarón.
A iniciativa, que busca dinamizar a zona e ofrecer aos veciños unha xornada de gastronomía e música, comezará ás 13.00 horas cunha sesión vermú a cargo de Oural Manda Carallo xunto co Dúo Puma, que animarán o inicio da xornada.
Ás 14.30 horas celebrarase a polbada, que ofrecerá un menú completo con empanada, guiso, polbo á prancha, polbo á feira, larpeira de Paradela e viño da Ribeira Sacra.
Xa pola tarde, ás 18.00 horas, continuarase a música co Dúo Puma. Ás 22.00 horas servirase a tradicional sopa de allo con ovos, viño e filloas, completando así a proposta gastronómica da xornada.
O remate será ás 23.00 horas coa actuación de Los Satélites e o DJ Cendoy, pechando unha xornada que combina música, tradición e diversión para todas as idades.