A I Ruta Cicloturista dos Cabaleiros de Santiago foi todo un éxito

SarriaXa
Con motivo do Bicentenario do Concello de Paradela, o municipio organizou o pasado 11 de decembro a I Ruta Cicloturista dos Cabaleiros de Santiago, que transcorreu entre as paisaxes do concello de Paradela, que é fito do Camiño Francés, a Compostela.
27 Dec 2022

Con motivo do Bicentenario do Concello de Paradela, o municipio organizou o pasado 11 de decembro a I Ruta Cicloturista dos Cabaleiros de Santiago, que transcorreu entre as paisaxes do concello de Paradela, que é fito do Camiño Francés, a Compostela.

Ao redor de 80 persoas de toda Galicia, non só de Paradela, acudiron a este cita como ciclistas e percorreron 34 quilómetros desfrutando das paisaxes do municipio.

Comezaron por un anaco da Ruta do Loio, pasando por San Martiño de Castro para continuar cara a San Facundo e percorrer logo a Ruta Camiño Vello de Aldosende e despois subir cara a  Penarredonda.

Continuaron cara a Nai subindo o Alto de Bidueiro e desde alí ata A Serra para percorrer os camiños do Monte de Lagüela e remataron na capital do concello.

Ao finalizar a carreira, os ciclistas tiveron acceso a duchas, lavado de bicis e servizo médico, e puideron desfrutar duns pinchos onde tamén se lles agasallou cunha camiseta de recordo.

Os participantes decidiron, ademais, facer un vídeo especial de recordatorio desta xornada.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15380692481995