A igrexa de San Xosé Obreiro de Oural mellora a súa cuberta e a accesibilidade

A igrexa de San Xosé Obreiro de Oural, inaugurada no ano 1987, foi obxecto dunha intervención destinada a mellorar o seu estado de conservación e a accesibilidade ás instalacións. Os traballos centraron unha parte importante da actuación na renovación da cuberta na zona da sancristía, co obxectivo de eliminar as humidades provocadas pola filtración de auga a través do tellado de lousa.
A intervención incluíu tamén a mellora do acceso principal ao templo, coa construción dun pórtico na entrada que facilita a chegada das persoas usuarias. Ademais, instalouse un canalón para unha mellor evacuación das augas pluviais e construíuse unha beirarrúa que conecta a rúa coa porta da igrexa. Na parte traseira do edificio habilitáronse unhas escaleiras que completan a actuación en materia de accesibilidade e seguridade.
As obras foron executadas coa colaboración da Deputación de Lugo e do Obispado e contaron cun orzamento arredor dos 100.000 euros, permitindo así mellorar notablemente as condicións dun templo que presta servizo á veciñanza de Oural.