A igrexa de Santiago de Cedrón, en Láncara, protagoniza a foto máis votada de xullo da TIC

SarriaXa
A imaxe foi a preferida nas redes sociais do Servizo de Audiovisuais da TIC, onde se celebrou o concurso mensual
Lancara-santiago-de-cedron-foto-premio-tic-2025
5 Aug 2025

O Servizo de Audiovisuais da TIC vén de anunciar a fotografía gañadora do mes de xullo no seu concurso mensual. A instantánea máis votada nas redes sociais foi a que retrata a igrexa de Santiago de Cedrón, situada no Concello de Láncara.

A participación da cidadanía foi, unha vez máis, clave na elección da imaxe vencedora, que acadou o maior número de apoios entre todas as propostas presentadas.

Desde a organización agradecen a implicación de todas as persoas que participaron e animan a continuar contribuíndo coa difusión do patrimonio lucense a través da fotografía.

⚙ Configurar cookies
0.60455203056335