A Igrexa de Santiago de Triacastela encheuse polo Concerto de Nadal de María do Ceo
SarriaXa
O concerto tiña a finalidade de ofrecer á veciñanza de Triacastela un repertorio de cancións navideñas da man desta cantante recoñecida de Portugal
23 Dec 2024
A Igrexa parroquial de Santiago de Triacastela encheuse este domingo, 22 de decembro, de xente que quixo asistir ao Concerto de Nadal da fadista María do Ceo.
Organizado pola Xunta de Galicia e o Concello de Triacastela o concerto tiña a finalidade de ofrecer á veciñanza de Triacastela un repertorio de cancións navideñas da man desta cantante recoñecida de Portugal.
María do Ceo é coñecida por ser unha das principais expoñentes do fado, o xénero musical tradicional portugués que expresa melancolía, nostalxia e amor. Aínda que naceu en Portugal, especificamente na rexión do Porto, desenvolve unha parte significativa da súa carreira artística en Galicia, España, o que a converte nunha ponte cultural entre ambos os países.