A II Carreira Contra a Leucemia Infantil dos nenos do CEIP Frei Luis de Granada terá lugar o día 20
SarriaXa
A anpa do colexio Frei Luis de Granada de Sarria organiza a segunda Carreira Contra a Leucemia Infantil, que terá lugar o vindeiro 20 de outubro a partir das 17.
7 Out 2023
A anpa do colexio Frei Luis de Granada de Sarria organiza a segunda Carreira Contra a Leucemia Infantil, que terá lugar o vindeiro 20 de outubro a partir das 17.30 horas nas instalacións do colexio.
Esta será unha das actividades que caracterizarán o primeiro día de festa de benvida deste curso para os nenos e nenas do colexio e as súas familias, formen ou non parte da asociación.
Ademais da carreira, haberá unha merenda en familia e unha actividade especial da man de Íñigo de la Quadra-Salcedo, que traerá o seu planetario de cinco metros de diámetro para recrear con total precisión o ceo nocturno desde calquera lugar da Terra nunha bóveda. Os nenos e nenas poderán desfrutar dunha charla astronómica de 50 minutos de duración.