A inclusión do alumnado con necesidades especiais protagonizou unha xornada de Diversa en Sarria
SarriaXa
Máis de 70 persoas asistiron este sábado 20 á xornada informativa sobre inclusión escolar do alumnado con necesidades especiais que organizaron dende Diversa infantil.
22 Abr 2024
Máis de 70 persoas asistiron este sábado 20 á xornada informativa sobre inclusión escolar do alumnado con necesidades especiais que organizaron dende Diversa infantil. Na xuntanza, estiveron como poñentes a orientadora educativa Esther Rodríguez, a mestra Andrea López e o psicopedagogo Adrián Jacob Vázquez
O acto foi un éxito non só pola cantidade de público, senón tamén pola calidade dos relatorios e as moitas preguntas, debate e información útil que xeraron. Dende o colectivo, agradecen a participación desinteresada dos tres poñentes que demostraron un gran coñecemento da materia e moito interese en resolver as dúbidas do público.