A ITV agrícola estará a finais deste mes de febreiro en Triacastela

A unidade móbil da inspección técnica de vehículos agrícolas (ITV) desprazarase a Triacastela entre os días 24 e 27 de febreiro para realizar as inspeccións obrigatorias.
Durante estes días, a atención ao público desenvolverase no punto de inspección situado fronte á subestación, dirección Vilavella en horario de mañá, de 9.00 a 13.30 horas, e de tarde, de 15.15 a 18.00 horas.
Os propietarios de vehículos agrícolas poden solicitar xa a súa cita previa chamando ao teléfono 981 92 80 80 ou a través da páxina web www.sycitv.com, na sección de Cita Previa.
Desde o Concello de Triacastela, animan a todos os propietarios de maquinaria agraria a aproveitar esta oportunidade para manter os seus vehículos en regra, garantindo a súa seguridade e o cumprimento da normativa vixente.