A ITV agrícola estará no Incio do 19 ao 22 de abril
SarriaXa
A unidade móbil da ITV fará as inspeccións técnicas de vehículos agrícolas en Noceda, na Cruz do Incio e en Val do Mao. Hai que solicitar cita previa.
18 Mar 2021
A ITV desprazará o vindeiro mes de abril unha unidade móbil ao concello do Incio para realizar as inspeccións técnicas periódicas a vehículos agrícolas.
O día 19 de abril, as revisións faranse en Noceda, na contorna da pista polideportiva. Os días 20 e 21, a unidade móbil situarase na capitalidade municipal, na Cruz do Incio, e o día 22, no campo da festa de Val do Mao.
O horario de prestación do servizo será de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas, agás o día 21 que será só de mañá.
As persoas interesadas poden solicitar cita previa na web www.sycitv.com ou chamando ao teléfono 902 30 90 00.