A ITV agrícola fará revisións en Samos a finais de abril

SarriaXa
La unidad móvil prestará servicio en Samos los días 26, 27, 28 y 29 e abril. Se puede solicitar ya cita previa.
itv agricola
13 Mar 2022

A unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas fará revisións a finais deste mes en Samos.

Será os días 26, 27, 28 e 29 de abril. A unidade prestará servizo no campo da festa os días 26 e 27, e, os días 28 e 29 en Castrocán. O horario será dende ás 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas, agás os días 27 e 29, que prestará servizo só en horario de mañá.

As persoas interesadas en pasar a revisión aos seus vehículos agrícolas no municipio poden solicitar xa cita previa no teléfono 982 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

0.16497707366943