A ITV móbil agrícola estará esta semana en Paradela

SarriaXa
Situarase no mercado gandeiro dende o 10 ao 16 de febreiro. Contámosche os horarios e requisitos para asistir
tractor en Paradela
8 Feb 2021

A ITV móbil agrícola estará en Paradela, desde o vindeiro mércores 10 de febreiro e ata o martes 16, para facer as inspeccións técnicas aos vehículos agrícolas.

O servizo ubicarase no mercado gandeiro, en horario de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas, agás o día 12 de febreiro que fará soamente horario de mañá.

Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

0.082550048828125