A ITV móbil para vehículos agrícolas desprazarase a O Incio entre o 9 e o 13 de marzo

SarriaXa
As inspeccións realizaranse en Noceda, Cruz do Incio e Val do Mao con distintos horarios e será necesario pedir cita previa
ITV-agrícola-Triacastela-2
2 Feb 2026

O Concello de O Incio informou da chegada ao municipio da unidade móbil da ITV para a realización das inspeccións técnicas periódicas de vehículos agrícolas. Segundo a comunicación recibida da empresa Supervisión y Control S.A. (ITV), o servizo prestarase entre os días 9 e 13 de marzo en diferentes puntos do termo municipal.

A primeira xornada terá lugar o 9 de marzo en Noceda, na pista polideportiva, cun horario de mañá de 09:00 a 13:30 horas e pola tarde de 15:15 a 18:00 horas. Ao día seguinte, o 10 de marzo, a ITV móbil desprazarase á Cruz do Incio, mantendo o mesmo horario, de 09:00 a 13:30 horas pola mañá e de 15:15 a 18:00 horas pola tarde.

As inspeccións continuarán o 11 de marzo tamén na Cruz do Incio, de novo con atención en horario de mañá e tarde, de 09:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. O 12 de marzo a unidade móbil situarase en Val do Mao, no Campo da Festa, cun horario idéntico ao das xornadas anteriores, mentres que o servizo rematará o 13 de marzo no mesmo emprazamento de Val do Mao, cunha única quenda de mañá, de 09:00 a 13:00 horas.

Desde o Concello lembran que para poder realizar a inspección é obrigatorio solicitar cita previa, ben chamando ao teléfono 981 928 080 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

⚙ Configurar cookies
0.074141025543213