A IV edición da Pretorian Race que se desenvolverá este sábado presentouse de maneira oficial

SarriaXa
Presentouse a carreira de obstáculos Pretorian Race Sarria Xtreme, que celebra este sábado, 4 de maio, a súa IV edición cuns 600 participantes chegados de diferentes puntos de España e Portugal.
Presentación Pretorian Sarria Xtreme 2024
1 Maio 2024

Presentouse a carreira de obstáculos Pretorian Race Sarria Xtreme, que celebra este sábado, 4 de maio, a súa IV edición cuns 600 participantes chegados de diferentes puntos de España e Portugal.

Thor López e Alberto Piñeiro, membros da asociación organizadora, Pretorianos Club; presentaron a edición fronte a concelleiros sarriaos e ao delegado territorial de Lugo, Javier Arias.

Pretorian Race é unha carreira de 8 quilómetros con 40 obstáculos que ofrece diferentes categorías: elite (para corredores de alto nivel que participan en ligas nacionais, europeas e mundiais); dúas modalidades populares; started e por equipos. As carreiras disputaranse en quendas cun máximo de 100 persoas cada unha.

Os corredores sairán do campo de rugby de Sarria e atoparán a meta no mesmo punto despois de atravesar camiños, fincas, un cortado vertical e cruzar un río. Este ano como novidade haberá un Combo Final de 14 metros e a proba terá máis visibilidade na localidade xa que parte do percorrido transcorrerá polo paseo do Malecón. A xornada rematará coa entrega de trofeos e coa actuación do grupo de música Louband.

O delegado da Xunta felicitou ao Club Pretorianos por organizar “un evento único na provincia” no que participan corredores que buscan puntuar para os campionatos galego ou nacional de carreiras de obstáculos, pero tamén persoas sen afán competitivo que queren desfrutar da experiencia. Subliñou “a proxección que supón esta iniciativa para Sarria e a súa contorna” e a repercusión económica que terá na zona a chegada de centos de persoas atraídas por esta actividade.

0.16436004638672