A IV edición do Festival Tremeterra xa ten o seu primeiro grupo confirmado

SarriaXa
A organización anima a todos os amantes do dub, do reggae e da cultura soundsystem a reservar as datas e participar deste evento
10.000-Lions-confirmación-Tremeterra-o-Incio
21 Mar 2025

Os organizadores do Festival Tremeterra veñen de confirmar o primeiro grupo que actuará no cuarto Encontro Soundsystem da Terra Brava, terá lugar os días 29 e 30 de agosto no Encoro de Vilasouto do Incio.

Esta cita, que reúne obradoiros, debates abertos, música en vivo e o mellor do soundsystem internacional, é unha das máis recoñecidas da comarca de Sarria e tamén de Galicia por acoller música de raíces xamaicanas, ofrecendo unha experiencia única nunha contorna natural excepcional.

Así, a primeira confirmación é 10000 Lions, un grupo de Goa, A India, que ten as súas raíces no reggae de Xamaica e transmuta coas vibras de India. A súa proposta sonora funde o ritmo tan característico de Xamaica coa vibrante enerxía de India, creando unha experiencia única e máxica. O grupo presenta unha proposta innovadora ao mesturar as bases do reggae con influencias da música tradicional india, creando unha sonoridade que agita tanto a terra como a alma.

A organización anima a todos os amantes do dub, do reggae e da cultura soundsystem a reservar as datas e prepararse para unha nova edición que promete superar as anteriores.

⚙ Configurar cookies
0.65279197692871