A IV edición do Mercadiño Solidario Malicounda Teranga terá lugar o 7 de xuño

SarriaXa
Organizado pola ONG Hospitaleros sin Fronteras, o mercado ofrecerá diferentes produtos na Praza da Vila de Sarria
mercado-solidario-Malicounda-Teranga
13 May 2025

A ONG sarriana Hospitaleros sin Fronteras celebrará o vindeiro sábado, 7 de xuño, a cuarta edición do seu Mercadiño Solidario Malicounda Teranga, unha cita xa consolidada no calendario solidario local que volverá encher a Praza da Vila de cultura e compromiso entre as 12:00 e as 21:00 horas.

Durante toda a xornada, os asistentes poderán gozar dun amplo abano de propostas, entre as que destacan as actividades infantís, a gastronomía tradicional senegalesa, música en directo e un mercado cheo de produtos de segunda man e artesanía traída directamente de Senegal.

Entre os artigos que se poderán atopar nas casetas haberá roupa, libros, complementos, xoguetes e tamén pezas únicas elaboradas en África como teas, bolsos, carteiras, cestería ou obxectos decorativos de madeira.

O obxectivo principal deste mercadiño solidario é dar visibilidade ao labor da ONG en Sarria, ao tempo que se recadan fondos para continuar cos proxectos humanitarios que desenvolven en Senegal, entre os que se inclúe a escolarización de nenos e a contratación de persoal sanitario que os atende nas zonas máis necesitadas.

⚙ Configurar cookies
0.11690402030945